Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • NNXX de Pontevedra acusa ao Bipartito de “facer falsas promesas co emprego xuvenil, ao que a Deputación lle está dando moi pouca importancia este mandato”

    • Ana Cristina Pérez recorda que “non valen compromisos de palabra e nos discursos, hai que apostar con feitos, e a realidade é que 800 xóvenes non puidemos beneficiarnos de becas en 2017 e 2018 de acorde coa nosa formación, esta era unha moi boa oportunidade para moitos de nós”.
    • Reclama que en 2019 recuperen “as 800 becas que nos deben aos mozos da provincia, as mesmas que deixaron sen cubrir en 2017 e 2018”.

     

    Pontevedra, 10 de xaneiro de 2019.- A presidenta provincial de NNXX de Pontevedra, Ana Cristina Pérez Cabaleiro, lamentou esta mañá a “pouca importancia” que o Bipartito da Deputación de Pontevedra lle leva dado ao emprego xuvenil na provincia este mandato. “A fiabilidade e a credibilidade desta Deputación é cero, a xulgan os seus feitos que non son outros que a despreocupación total por nós, polas mozas e mozos pontevedreses, e sobre todo pola pouca importancia que este goberno lle leva dado ao emprego xuvenil na provincia”.

    Así, Cristina Pérez sinalou que por moito que se empeñen Carmela Silva e a nova Deputación en “presumir” de un novo plan de prácticas laboráis, “o certo é que nada ten que ver coa paralización do Plan de Prácticas Laborais en empresas e entidades privadas”. A consecuencia da paralización deste plan, engadiu, é que “deixaron tirados a 800 xóvenes desta provincia, aos que nos deixaron sen unha grande oportunidade para iniciarnos no mundo laboral nos últimos dous anos. Esta é a realidade da Deputación de Pontevedra”.

    Para a presidenta da organización político xuvenil, “este novo plan que queren poñer en marcha para 2019 non é ningunha solución porque hai 800 becas, 800 primeiras oportunidades que xa se perderon”. Ante esta situación, criticou “o silencio de Carmela Silva, que prefire quedar calada porque non é quen de dar unha resposta, unha explicación, a todas as mozas e mozos desta provincia”.

    Por iso desde NNXX de Pontevedra pídelle “explicacións” pola “pouca importancia” que lle está dando a Deputación de Pontevedra ao emprego xuvenil na provincia. “Non valen compromisos de palabra e nos discursos, hai que apostar con feitos. 800 xóvenes non puidemos beneficiarnos de becas en 2017 e 2018 de acorde coa nosa formación, esta era unha moi boa oportunidade para moitos de nós, como xa foi para os beneficiados de anos anteriores que, por certo, moitos deles conseguiron asinar un contrato laboral coas empresas ou entidades ao rematar a beca”, subliñou.

    Ademais, recoñeceu que “moitas mozas e mozos, incluso de distintas cores políticas ás nosas, puxéronse en contacto con nós para interesarse polo que está acontecendo coa Deputación de Pontevedra e o Plan de Prácticas Laborais en empresas”. Por iso, reclaman “en nome da mocidade da provincia que a Deputación inclúa 800 contratos de prácticas laborais máis no novo modelo que supostamente van poñer en marcha en 2019. En definitiva, que recupere as 800 becas que nos deben aos mozos da provincia, as mesmas que deixaron sen cubrir en 2017 e 2018”.

    Por último, Cristina Pérez pediu a Carmela Silva e ao Bipartito que deixen de facer “falsas promesas” co emprego xuvenil, e recordou que “hai xusto tres anos comprometéronse con mellorar as condicións dos bolseiros e o resultado é que paralizaron o plan de prácticas en empresas pero, ademais, non hai que esquecer que hai unha inspección laboral na propia Deputación polos becarios e as funcións que desenvolven nos servizos provinciais”.