Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pregunta a Luciano Sobral «que ten pensado facer co contrato da auga»

    • Os populares recordan que hai un ano o BNG anunciou que xa tiña listo un estudo, unha nova ordenanza e un novo contrato que se firmaría no primeiro trimestre de 2018: «Onde están?»
    • Rocío Cochón explica que o novo contrato ten que subsanar as deficiencias da rede de subministro ou a separación de pluviais e fecais, de suma importancia para o servizo e o saneamento, en vez da política de «parches» de BNG e PSOE.
    • Cochón recorda que o principal problema é o descoñecemento e a falta de interese de Luciano Sobral, xa que « nin sequera vai ás reunións co sector ou coas administracións nas que se debate o problema máis grave de Poio: a negativa do Concello a poñer a Depuradora».

     

    Poio, 4 de decembro de 2018. A concelleira do PP de Poio Rocío Cochón preguntou este martes a Luciano Sobral que ten pensado facer o seu goberno co contrato da auga, próximo a vencer. «Van volver prorrogalo? Van sacalo a concurso?».

    Cochón recordou que a principios de 2018 o Bipartito anunciou que “xa tiñan un estudo feito e estaban preparando unha ordenanza e un prego de condicións do novo contrato para os próximos 20 anos, pero que non se volveu saber nada desde entón: «É outro dos anuncios de anuncios que nunca máis se soubo do concello de Poio?», preguntou Cochón, que subliñou que segundo o propio voceiro do BNG, ordenanza e contrato estarían aprobados no primeiro trimestre de 2018 «Onde están ordenanza, prego e contrato?»

    Cochón indicou ademais que un novo contrato tería que dar resposta a moitas deficiencias do sistema de Poio, como a renovación da rede de tuberías de subministro secundario, que a día de hoxe siguen sufrindo averías constantes e provocan cortes aos usuarios, e que o Bipartito asegurou que substituiría cando cambiou as tuberías de alta presión: «BNG e PSOE levan anos vendendo parches que non solucionan o problema principal, as deficiencias do sistema de abastecemento secundario», explicou Cochón, que lamentou «algo que non é de recibo», que «en pleno século XXI, nun dos concellos que máis pagan pola auga, os veciños teñan que sufrir esta situación»

    En relación á rede de saneamento, Cochón recordou a necesidade de facer a separación de pluviais e fecais, unhas obras que necesariamente deberá resolver o novo contrato, explicando que «non vale nada que fagan novas tuberías se non solucionan as deficiencias na rede», e achacou a tardanza e a falta de solucións ao descoñecemento e a falta de interese de PSOE e BNG, que empeza «polo absoluto desinterese en solucionar o problema máis grave que ten Poio agora mesmo, a falta de depuradora por culpa de Luciano Sobral»

    «No PP escoitamos aos veciños, reunímonos con pescadores e mariscadores, con todo o sector e intentamos estar informados das demandas e as queixas do sector, e das necesidades existentes», explicou Cochón, que contrastou esta actitude coa do propio alcalde de Poio, «que nin sequera acude ás reunións co sector do mar, coas consellerías ou con Augas de Galicia nas que se fala do principal problema de Poio, a negativa do concello a poñer a EDAR».

    Cochón reprochou a hipocrisía de Sobral, «que encabeza o goberno máis prexudicial para o medioambiente e para o sector do mar de Poio», e que despois de criticar as privatizacións e defender teóricamente o sector público «sexa o alcalde máis privatizador da historia», e aconselloulle: «Se en vez de gastar unha millonada en contratar unha empresa cuns técnicos de fóra para facer un estudio para facer un contrato ninguén sabe cando, se dedicase a ir ás reunións cos mariñeiros, coas mariscadoras, con Augas de Galicia, coa Xunta, e escoitase aos veciños e aos interesados na auga e no saneamento, aforraría cartos públicos e mellor nos iría a todos».

    Cochón apuntou que a política de anuncios sen contido mentres a ría se segue deteriorando é «puro Luciano Sobral e puro BNG», e ironizou indicando que se existe algún veciño ao que non lle interese o medioambiente ou o futuro da ría, e quere un alcalde que nin sequera vai ás reunións co sector do mar nin coas administracións, quere seguir sen depuradora, ou quere que siga habendo zonas C, que se pechen praias ao baño... o mellor que pode facer ese veciño é votar a Luciano Sobral».