Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • TRANSPARENCIA CONTRA A DESINFORMACIÓN: AS VECIÑAS E VECIÑOS DO PORRIÑO TEÑEN DEREITO A SABER O QUE SE FAI CO SEU DIÑEIRO

    • As cifras desorbitadas de débeda a provedores evidencian o destrozo que a coalición PSOE-UDDL está a facer na facenda local, perxudicando de maneira constatable ás empresas e autónomos que para eles prestan servizos  e ás porriñesas e porriñeses que sufrirán as consecuencias da súa nefasta xestión
    • Ante a opacidade e desinformación da rexedora, Eva García, e dos seus socios de goberno UDDL, liderados polo edil Manuel Carrera, o PP do Porriño responde facendo pública a realidade da xestión municipal, actual e pasada, ao entender que a veciñanza ten dereito a saber o que se está a facer e o que se fixo cos seu diñeiro

     

    O Porriño, 7 de novembro de 2018.- O Goberno Municipal do Porriño continúa ocultando temas fundamentais, non só ao resto dos grupos da corporación pechando un orzamento fraudulento, senón á veciñanza que reclama respostas. Como ven denunciando o Partido Popular, o Concello do Porriño non fai frente ás obrigas contraídas cos seus provedores acumulando unha débeda con eles que supera con moito os 3 millóns de euros, endebedando o municipio de maneira inaceptable e provocando que sexa fiscalizado pola Xunta De Galicia a través dun Plan Económico Financiero -que se aprobará no próximo pleno municipal- ante o incumplimento da Regra do Gasto e do Periodo medio de Pago a Proveedores.

    Tal e como se está a investigar no Xulgado de Instrución Nº 2 do Porriño, existen preto de 3 millóns de euros en facturas rexeitadas por concelleiros e Alcaldesa agochadas nos caixóns da casa consistorial, correspondentes a servizos prestados por distintos provedores de obras, servizos ou subministros. Nun intento de eludir as súas responsabilidades - ao tratarse de traballos prestados sen contrato e sen partida orzamentaria- os concelleiros ordenantes do gasto e a propia Alcaldesa, denegaron de maneira totalmente arbitraria o pago das facturas presentadas por estas empresas, negándose a conformadas e ordenando a día devolución. Moitas destas facturas, apareceron con tachóns,sin o selo de conformidad e fecha, manipuladas e mesmo se usou Tipp-ex para tapar o conforme inicial e imprimir por encima o selo de intervención, unha manipulación documental grave que a día de hoxe non souperon xustificar nen iniciaron investigación algunha.

    A este importe, hai que sumar os 735.117,23 euros de impagos a provedores que o Concello pretende levar a un novo Recoñecemento Extraxudicial de Crédito e, tal e como adiantou a Interventora Municipal na Comisión Informativa, un cálculo inicial de 1.800.000 euros máis que constan na conta 413 como pago pendente a provedores no 2018.

    Falamos pois dunhas cifras desorbitadas de débeda a provedores que evidencian o destrozo que a coalición PSOE-UDDL está a facer na facenda local, perxudicando de maneira constatable ás empresas e autónomos que para eles prestan servizos  e aos porriñeses que sufrirán as consecuencias da súa nefasta xestión.

    Ante a opacidade da rexedora, Eva García, e dos seus socios de goberno UDDL, liderados polo edil Manuel Carrera, o PP do Porriño responderá facendo pública a realidade da xestión municipal, actual e pasada, ao entender que a veciñanza ten dereito a saber o que se está a facer e o que se fixo cos seu diñeiro.

    "As veciñas e veciños do Porriño teñen dereito a saber en qué se gasta ata o último céntimo do seu diñeiro", apunta o presidente dos populares M. Alejandro Lorenzo, "a miña ilusión e o meu compromiso é levar a cabo unha xestión transparente de modo que os cidadáns teñan acceso á información, sobre todo no que afecta ao gasto público e ás contratacións. Os cartos que se xestionan son de todos e como tal, teñen dereito a saber o que se fai con eles". Deste xeito, será o Partido Popular quen no que sigue, faga públicos os datos que o goberno municipal, obrigado por Lei a publicitar, pretende agochar con ataques infundados.

    Se non hai nada que ocultar non haberá ningún problema para facer público ante a cidadanía o que se está a facer co seu diñeiro e cal é a situación financieira actual do Concello do Porriño, tal e como ven solicitando infructuosamente este grupo.

    Asimesmo, os populares solicitaron xa no mes de Xullo que o Goberno Municipal dera conta do total de facturas que se adeudan de 2017 e 2018, así como dos expedientes e contenciosos administrativos existentes por reclamacións de impagos a empresas e autónomos.

    Consideran que é de vital importancia que aquelas empresas ou autónomos que realizaron algunha obra ,servicio ou subministro coñezan a situación actual da súa facturación e o contido real dos seus servizos, e iso hoxe non está sendo posible no Concello do Porriño. Existen contratos privados entre Eva García e empresas para a realización de traballos tras os cales se rexeitan as facturas; existen presupostos aceptados e despois se rexeitan as facturas, existen servizos que se prestan mensualmente e polos que se cobran taxas coa mesma periodicidade e despois, negan as facturas e se rexeitan…

    Reiteran que, como xa anunciaran, reclamarán a responsabilidade patrimonial dos ordenantes do gasto de todas as reclamacións xudiciais que se deriven de facturas non conformadas.

    Facendo pública toda a información, os populares queren deixar claro ante a cidadanía que o seu grupo non é responsable de que un Goberno como o do Porriño se gaste 3 millóns de euros en desbroces e limpeza viaria cando en anteriores gobiernos se gastaban 50.000 €, o Partido Popular non ten a culpa de que un Goberno como o do Porriño se gaste 3 millones de euros en desbroces e limpeza diaria e deixe sin pagar servicios municipales como o da Piscina Municipal á que se lle adeuda máis de 400.000 euros e se rexeiten sistemáticamente as súas facturas, o  Partido Popular no ten a culpa de que se gaste 1 millón de euros en festas (triplicando o gasto orzamentado en 2017) mentres as orquestras, bandas de música, charangas e outras actuacións estén sin cobrar... Un sinsentido que está a afectar gravemente a empresas e autónomos que é responsabilidade única e exclusiva dun Goberno Municipal que está a hipotecar o futuro do Porriño.