Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda crítica a actuación do Concello na pista que une Rellas e Escuadro

    • Trátase dunha auténtica chapuza, un insulto a intelixencia dos veciños de estas dúas parroquias e de todo o Concello.
    • Botanlle a culpa do mal estado das pistas as chuvias do ano anterior, sen embargo a única causa é a falta de mantemento.
    • Hai medios suficientes sen embargo parece que o que lle interesa e deixar que se deterioren para que o arranxen outras empresas.
    • Solicitaremos que se leve a cabo unha mellora integral en todo o seu trazado coa reposición do firme.

     

    Silleda, 5 de novembro de 2018.- O Partido Popular de Silleda crítica a actuación levada a cabo polo grupo de goberno na pista que une A parroquia de Rellas e Escuadro ata o lugar do Rañadoiro. Esta pista atópase nun estado lamentable tras anos de falta de mantemento por parte do Concello, polo que en moitas zonas xa desaperecera totalmente a capa de asfalto, e encontrábase sobre terra.

    O deterioro era tal que en moitos sitios as fochancas superaban os 20 centímetros co risco que esto supón para os vehículos, sen embargo o Concello limitouse a actuar so na parte inicial dende a parroquia de Rellas, e deixou o resto tal como estaba, con fochancas moi fondas que irán empeorando coa chuvia.

    Dende o Partido Popular de Silleda valoran este feito como indicativo de como se esta levando a cabo polo grupo de goberno o mantemento dos viais do noso Concello, “Trátase dunha auténtica chapuza, un insulto a intelixencia dos veciños de estas dúas parroquias e de todo o Concello.So hai que ver o que entenden por arranxar unha pista, botar zahorra onde había asfalto, cunhos cachotes grandes que poden provocar o pinchazo dunha roda.”

    O voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, lamenta a actitude do grupo de goberno do señor Cuíña, “Sempre lle botan a culpa do mal estado das pistas as chuvias do ano anterior, sen embargo vemos que esa non é a causa, a única causa é a falta de mantemento que leva a cabo o Concello, o que fai que as pistas cheguen a estar nun estado lamentable como sucede neste caso, e cando se leva a cabo algún arranxo aínda o empeoran.”

    Ignacio Maril apuntou tamén que “Naquelas pistas na que se levaron a cabo actuacións de asfaltado, non se pode deixar que o deterioro chegue a un punto como o desta pista, ou noutras moitas, nas que a falta de mantemento fai que se perda por completo nalgunhos tramos a capa de asfalto, hai que tomar medidas antes ca limpeza das cunetas, e os arranxos a tempo para que o deterioro non se agrave. Hai medios suficientes e debidamente capacitados para acometer estes arranxos, sen embargo parece que o que lle interesa e deixar que se deterioren ata que teñen que contratar medios alleos ó Concello para volver a reasfaltar:”

    Salientan dende o grupo Popular, que este tipo de actuacións no son algo illado, si non que se veñen repetindo de forma reiterada en varios puntos do Concello, o que supón unha perda de cartos e tempo para tódolos silledenses pola mala organización das brigadas municipais.

    Así dende o Partido Popular urxen a que se acometa de inmediato a reparación do referido vial. “Solicitaremos que se arranxen de maneira urxente os puntos máis deteriorados deste vial para que aguante o inverno, e dado o seu deterioro pediremos que se inclúa dentro das pistas que van a ser arranxadas no próximo ano, polo que solicitaremos que se leve a cabo unha mellora integral en todo o seu trazado coa reposición do firme, xa que sabemos que é unha pista moi transitada polos veciños das dúas parroquias.”