Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Paula Bouzós, candidata do PP á alcaldía de Gondomar

    •  Alfonso Rueda comunica a decisión do Partido Popular de Pontevedra á executiva local e grupo municipal

     

    Gondomar, 10 de outubro de 2018.- Paula Bouzós  Barros será a candidata do Partido Popular en Gondomar nas eleccións municipais de maio de 2019. O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, trasladou esta tarde á executiva local e ao grupo municipal a decisión da dirección provincial, nunha reunión na que tamén participou o coordinador comarcal, Jesús Vázquez Almuíña.

    Rueda destacou que Paula Bouzós é a persoa idónea para encabezar a lista do Partido Popular e capaz de recuperar a alcaldía. Ademais, apelou á unidade do partido para traballar intensamente nos meses que quedan ata a cita electoral. Nesta liña, recordou que o PP sae a gañar as eleccións para poder gobernar desde o minuto un, desde o día seguinte.

    Coa designación de Paula Bouzós, xa quedan pechados os candidatos na comarca do Val Miñor.

    Paula Bouzós Barros naceu en 1974 na parroquia de Vilaza, é técnico especialista administrativo e contabilidade. Está vinculada ao PP desde hai máis de quince anos, e desde 2017 é presidenta local do partido. En 2007 comezou a formar parte das candidaturas municipais, e entre 2011 e 2015 foi concelleira delegada de Educación, Turismo, Sanidade, Comercio e Industria de Gondomar. A nivel municipal, tamén colaborou activamente con clubs e asociación locais, como por exemplo a comisión de festas ou a Asociación de Veciños da súa parroquia.