BOLETÍN PROVINCIAL

Compartir en Facebook

 

 

O PP de Sanxenxo celebra o próximo 17 de xullo o V congreso local

Un día despois da celebración das eleccións xerais o PP de Pontevedra comeza a renovación da súas xuntas locais, tal e como xa apuntara o presidente provincial, Alfonso Rueda.

 

Así, a dirección provincial do PP de Pontevedra dá luz verde á celebración do V congreso local de Sanxenxo que se celebrará o próximo 17 de xullo.

 

Poderán presentarse como candidatos calquera dos máis de 600 afiliados do PP de Sanxenxo que cumpran os requisitos marcados nos Estatutos do Congreso e terán que acompañar a candidatura con un mínimo de 100 avais antes do 15 de xullo.

 

Tanto para optar á presidencia do partido como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, de acordo co que sinalan os Estatutos do partido, figurar inscrito no censo existente na sede local, onde ademais, se porá a disposición de todos os afiliados para a súa consulta o Regulamento do Congreso.

 

Nomearase ademais unha Comisión Organizadora que será a responsable do impulso e coordinación do cónclave.