BOLETÍN PROVINCIAL

Compartir en Facebook

 

O PP aumentou o porcentaxe de votos en todos os concellos da provincia

 

 

O Partido Popular foi a forza máis votada en 58 dos 62 concellos da provincia, e superou o 50% dos votos en 19 municipios, cinco máis ca 2015: Barro, Campo Lameiro, Meis, Silleda e Valga.

 

A media da subida do voto ao PP na provincia foi de 3,90 puntos, e o máximo acadado foi de 6,50 puntos en Mondariz Balneario e Rodeiro, e por debaixo sitúanse Dozón (6,40%), Oia (6,26%) ou Silleda (5,94%).

 

Nas tres grandes cidades da provincia, o PP é con diferenza o partido que mellores resultados obtén nesta ocasión ao incrementar en 5.493 votos e un 3,90% o resultados das eleccións xerais de 2015. O apoio ao Partido Popular aumentou nas tres cidades, e no caso de Vigo permitiu que o PP fose a forza máis votada, en contra do que sucedeu en decembro. O PSOE, a pesar de estar gobernando na cidade olívica e en Vilagarcía, continúa sendo a terceira forza nas tres cidades, e En Marea perdeu apoio con 11.934 votos menos ca en decembro.

 

Nos casos da Illa de Arousa e Fornelos de Montes, o PSOE é o partido máis votado, igual que xa o fora en 2015, e no Grove e Cangas, repite En Mareas, que perdeu a maioría en Redondela, Vigo e Moaña. Con todo, nos concellos nos que o PP non foi o primeiro partido en votos, tamén aumentou o apoio de forma que se reduciu a diferencia con respecto aos socialistas e á formación morada. No caso das Mareas, foron incapaces de manter o apoio na provincia, baixando en máis de 23.600 votos con respecto a decembro.