O PP de Redondela preséntase unido, forte e solvente de cara a afrontar con garantías as vindeiras eleccións municipais
- Javier Bas preside a nova xestora integrada polos membros do anterior Comité Local e novas incorporacións
Redondela, 30 de xullo de 2010.- O Partido Popular de Redondela comeza unha nova andaina coa presentación da xestora presidida por Javier Bas. Foi na tarde de onte cando Bas dirixiu un acto de presentación da xestora ao que acudiu a secretaria xeral do PP provincial, Begoña Estévez, ademais dos 60 membros que compoñen dita xestora e outras persoas próximas ao partido, que despois dun período apartadas da política voltan agora co obxectivo de respaldar ao Grupo Popular no municipio de Redondela.
Javier Bas apuntou á “unidade, fortaleza e solvencia desta nova xunta xestora, que traballará arreo para afrontar con garantías o reto dos vindeiros comicios electorais”. Desta maneira, ademais da continuidade dos membros que compoñían o anterior Comité Local, “houbo novas incorporacións que entran no grupo para construir un PP máis sólido que asuma con impulso e poderío esta nova etapa en Redondela, xa que, en definitiva, a unidade fai a forza e o obxectivo central é a consecución do Goberno municipal”, sinalaba Bas.
COMPOSICIÓN DA XUNTA XESTORA
A xunta xestora, presidida por Javier Bas, queda composta da seguinte maneira: Arturo González, secretario xeral e tesoureiro; Alberto Pazos, secretario de coordinación municipal; Teresa Paris, secretaria de organización e comunicación e Elena Rivas, secretaria de xuventude. Os actuais concelleiros da corporación municipal intégranse na xestora como membros natos e a maiores están presentes tamén un total de 48 vocales, antigos membros do Comité Local e novas incorporacións.
López asegura que “a Dono só lle preocupa o desemprego cando é de amigos socialistas”
- Critica ao alcalde por “desaproveitar axudas anteriores para xerar traballo”
- O deputado ve “fallos na xestión municipal” e pídelle a Dono que explique “por que o ano 2009, co Plan E e con axudas da Xunta, comezou na Estrada con 266 parados na construcción e rematou con 362”
- “Que os socialistas veñan á Estrada dar leccións de cómo crear emprego non sabemos se é para rir ou chorar”, ironiza o voceiro popular
A Estrada, 30 de Xullo de 2010.- O deputado estradense José López cualificou hoxe como “un esperpento” a comparencia conxunta do alcalde da Estrada coa deputada socialista Carmen Cajide para falar do desemprego na Estrada “con medias verdades e esquecendo deliberadamente a súa incapacidade para artellar medidas eficaces e a desfeita provocada por Zapatero no eido laboral”.
“Que os socialistas veñan á Estrada dar leccións de cómo crear emprego non sabemos se é para rir ou chorar”, sinala López, que asegura que “a Dono só lle preocupa o desemprego cando é de amigos socialistas ou familiares de socialistas”. Por iso, lamenta que o alcalde “teña desaproveitado axudas anteriores da Xunta e mesmo o Plan E para xerar postos de traballo” e “teña feito oídos xordos alomenos nas catro ocasións nas que o PP lle plantexou no pleno a adopción dun plan anticrise con medidas de aforro e de apoio ao emprego”.
José López considera que “o problema real son os fallos e a incapacidade na xestión municipal” e subliña que “a cifra de máis de 1.700 parados á que chegou A Estrada é o froito das mentiras de ZP e da falta de proxecto do bipartito local, que en lugar de adicar investimentos á creación de solo industrial que poida atraer empresas adícaos ao arranxo de fontes e escolas unitarias”.
O PP de Vilaboa impulsa unha iniciativa para esixir a Fomento melloras nos accesos á Igrexa de San Adrián e ao lugar de Pousada
- Os dous accesos presentan na actualidade graves problemas debido ás deficiencias na execución das obras da N-554
- A voceira popular, Beatriz Rosendo, lamenta “a pasividade” do Goberno local que “fai oídos xordos ás constantes reclamacións veciñais”, que só son atendidas ante a presión da oposición
- Rosendo considera “indignante” a actitude do rexedor local, que “non dubidou en descualificar e criticar as demandas dos populares pese a ter coñecemento de que son unha verdadeira necesidade”
Vilaboa, 29 de xullo de 2010.– O PP de Vilaboa logrou a aprobación de dúas mocións para esixir ao Ministerio de Fomento medidas para corrixir as deficiencias detectadas na saída da Igrexa de San Adrián e no acceso aos barrios de Nores, Pazos e Pousada desde a N-554.
A iniciativa dos populares obedece ás constantes queixas dos veciños que denuncian que estes accesos se volveron practicamente intransitables debido a mala execución dos traballos de reforma da N-554. De feito, a saída da Igrexa de San Adrián presenta unha gran pendente que pon en serio risco a seguridade dos condutores, ademais de ocasionar danos nos vehículos. Ademais, na moción presentada polo PP reclámase a dotación de medidas de seguridade ás rotondas de nova construción, que na actualidade carecen de suficiente iluminación.
En canto ao acceso aos barrios de Nores, Pazos e Pousada, o PP denuncia a “excesiva pendente”, que impide o paso de vehículos grandes e dificulta notablemente a circulación dos demais automóbiles.
O PP de Nigrán xustifica o pleno extraordinario dunha análise tranquila e profunda das propostas do Consello Sectorial
- Alberto Valverde asegura que é no pleno onde se deben analizar as propostas do Consello Sectorial para que o equipo redactor as teña en consideración
- Alberto Valverde cre que “é neste pleno onde os grupos deben posicionarse nas propostas do Consello Sectorial para remitilas ao equipo redactor”
- O PP de Nigrán acusa aos demais grupos por “tratar de certificar a inutilidade do Consello Sectorial ao querer enviar ao equipo redactor as propostas sen pasar polo pleno”
- Alberto Valverde afirma que “de non existir un acordo plenario polo medio as propostas do Consello Sectorial non serían tidas en conta”
Nigrán, 28 de Xullo de 2010. – O PP de Nigrán segue pensando que o Plan Xeral é o tema prioritario desta corporación, e a participación dos colectivos debe formalizarse para que realmente o Consello Sectorial non sexa un “paripé” como pretende o goberno municipal. Por isto, faise necesario o pleno extraordinario deste xoves solicitado polo Grupo Popular. Para o PP, a pesar de que os demais grupos non teñen especial interese en analizar as propostas do Consello Sectorial, tal e como se inclúe no regulamento, este debe asesorar e propoñer ao pleno todas aquelas cuestións urbanísticas que considere para que o propio pleno as valore. Segundo Alberto Valverde, a petición e celebración do pleno para tratar de forma exclusiva este tema é porque “o asunto ten a importancia suficiente para facelo e porque ademais desta maneira cumprimos co establecido no regulamento, dándolle participación real aos colectivos que participaron no Consello Sectorial”.
- A nova sede do PP de Salceda de Caselas acolle a visita do presidente provincial
- O Borralliño acollerá a I Romaría Popular do PP de Salceda de Caselas e Gandarío o campamento de verán de Novas Xeracións
- Pontevedra, a provincia máis afectada pola reprogramación de Blanco, aseguran os deputados nacionais do PP
- Eladio Bargiela presidirá a xestora do PP de Gondomar e Javier Bas a de Redondela
- O PP de Rodeiro solicita ao Goberno local a limpeza e acondicionamento da Ruta dos Muíños
- O PP de Nigrán non apoiará a proposta do PSOE de cambiar o nome dalgunhas rúas e prazas do municipio
- O PP de Moaña agarda que a reforma do Centro Rosalía de Castro sexa agora unha realidade e non se quede, por enésima vez, en gancho electoral
- O PP de Rodeiro reclama información sobre o estado de contas do concello e denuncia a existencia de facturas impagadas desde hai máis dun ano
- O centro-dereita de Porriño fai un balance “altamente positivo” dos primeiros seis meses de Goberno e asegura que “chegou o momento da reunificación”
- Os deputados do PP por Pontevedra consideran que Zapatero deixou claro que non se pode confiar nel para defender os intereses de Galicia
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Xullo 2010 | > | » |
| L | M | M | X | V | S | D |
| 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 | 4 |
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 |
| « | < | Agosto 2010 | > | » |
| L | M | M | X | V | S | D |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 |
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Enlaces
|
|




